top of page

O prazo de presentación de traballos está aberto do 30 de Xaneiro ao 3 de marzo de 2017.

 

Os traballos poderán ser enviados por WeTransfer ou calqueira servizo similar á dirección de

 

correo electrónico trabajoswaa@gmail.com  

 

Descarga a túa ficha de inscrición aquí

*LEMBRA: O número de traballos entregados é ilimitado. Podes presentarte a todas as categorías que queiras.

Pode participar nesta categoría calquera peza gráfica publicitaria sobre un producto, servizo ou empresa (real ou ficticia). Pode ser un anuncio para prensa, cartel, dixital ou vallas exteriores con temática libre. Recorda adxuntar unha breve explicación da peza para saber en base á que foi creada.


*Formato: .PDF cunha resolución de imaxe de 300pp.

 

Gráfica

icg


 

 

Poden participar nesta categoría calquera proxecto de Identidade Corporativa Gráfica plasmada nun Manual de ICG básico (logotipo, símbolo y papelería) dunha empresa, produto ou servizo ficticio ou real. Recorda adxuntar unha breve explicación da peza para saber en base á que foi creada.

 

*Formato: PDF cunha resolución de imaxe de 300pp.

Poden participar nesta categoría unha ou varias cuñas sobre un mismo produto, servizo ou empresa real ou ficticia con temática totalmente libre. As pezas non poderán superar os 60 segundos de duración (cada unha). Recorda adxuntar unha breve explicación da peza para saber en base á que foi creada. Recorda adxuntar unha breve explicación da peza para saber en base a que foi creada.

*Formato: Deberá ser entregada en formato .WMA, .WAV o .MP3, coa maior calidade de sonido posible.

cuña

ACCIÓN RELACIONES PÚBLICAS

Poderán participar nesta categoría os estudantes que, partindo dunha ONG libremente escollida, sexan capaces de crear unha campaña para promocionala e darlle visibilidade. Unha soa acción (cartelería, spot, storyboard) coa conseguinte estratexia é o mínimo esixido para participar, pero todo material engadido (de estar ben resolto) valorarase positivamente para o resultado final.

 

*Formato: .PDF

TRAILER/TEASER

Pode participar nesta categoría unha peza de vídeo que presenta un resumo dun filme, serie de televisión, vídeo musical ou videoxogo, que será estreado próximamente. As imaxes utilizadas poden ser de seu ou descargadas dun banco de imaxes. A duración non será maior a 3 minutos.

 

*Formato: .AVI, .MOV, .MPG, .MP4 o .MKV

SPOT

Pode participar nesta categoría un vídeo comercial ou spot con fins publicitarios, sobre un produto, servizo ou empresa real ou ficticia con temática totalmente libre. A peza non poderá superar os 3 minutos de duración. Recorda adxuntar unha breve explicación da peza para saber en base á que foi creada.

 

*Formato .AVI, .MOV, .MP4, .MKV o .MPG

DESEÑO WEB

Pode participar nesta categoría o deseño dunha páxina web ou blog de marca persoal, produto, empresa ou servizo real ou ficticio. Non ten que estar necesariamente finalizado; pode ser unha
proposta en desenvolvemento. Como mínimo debe ter unha páxina de inicio ou home. Aínda que poderá ser mellor considerada se ten máis contido. Toda explicación extra axudará a entender
mellor o deseño e os apartados incompletos (en caso de que os teña). Imprescindible adxuntar a URL da web/blog.

 

*Nota: A peza poderá presentarse en formato de video de 1 a 3 minutos cunha breve explicación
do funcionamento e presentación da peza ou nunha presentación en .PDF

Poden participar nesta categoría series de entre 3 e 5 fotografías que garden relación ou traten unha temática similar. A categoría divídese en dous apartados: o primeiro ronda entorno á fotografía publicitaria e o segundo ten tema libre, polo que poderán presentarse fotografías de carácter artístico, fotografía de rúa, ou calquera outro que o autor/a considere adecuado. No apartado de fotografía publicitaria ó tratarse de imaxes nas que aparece unha intervención gráfica ou tipográfica, cada obra presentada estará composta por dúas imaxes en dous arquivos independentes: a fotografía orixinal sen tipografías e a fotografía publicada coa súa aplicación gráfica ou tipográfica.
Valorarase a composición, a iluminación, a técnica e a dificultade de resolución da idea ou concepto.

 

*Formato: .JPG. Recomendado un mínimo de resolución de 300ppp. É importante que as imaxes teñan unhas dimensións que permitan ver e apreciar as fotografías de forma clara.
 

FOTOGRAFÍA

CURTAMETRAXE

Poderá presentarse a dita categoría unha peza de vídeo ou animación creada en formato dixital cun máximo de 15 minutos de duración, e de temática libre, con ou sen fins comerciais.

 

*Formato: .AVI, .MOV, .MPG, .MP4 o .MKV

ILUSTRACIÓN

Poderá participar nesta categoría calquera ilustración que teña relación co feminismo ou coa muller. Deberá entregarse en formato virtual na resolución máxima.

 

*Formato: .JPEG, .PNG, .PDF

STOP MOTION

Poderá participar en dita categoría unha peza de animación por medio da técnica do stop-motion en formato dixital cun máximo de 15 minutos de duración, temática libre, con ou sen fins comerciais.

 

*Formato: .AVI, .MOV, .MPG, .MP4, .MKV

MICRORRELATO

Poderá participar nesta categoría calquera relato que non exceda as 25 líneas de extensión e con
temática libre.

 

*Formato: .PDF, fonte TIMES NEW ROMAN, tamaño 12, espaciado 1.5.

bottom of page