Gústame a publicidade,
gústame a comunicación
e sobre todo gústame a creatividade.
Creo na creatividade como a mellor ferramenta para diferenciarse da competencia e acadar resultados.
Pasei bos e malos ratos desenvolvendo a comunicación de empresas como Sanitas, Frinsa, Banco Pastor, Xunta de Galicia, Ence, KFC, Novagalicia, Fundación Barrié, Commcenter, Leche
Celta, Turismo de A Coruña, etc.
Actualmente, boto unha man como Presidente de Creatividade Galega. Din que son director na axencia de publicidade Quattro IDCP.
Licenciada en Belas Artes, con especialidade en Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo. No ano 2002, xunto con Jose A. Pérez, fundamos o estudo ERA COMUNICACIÓN, onde asumimos cada proxecto como un reto, unha oportunidade de innovar e buscar solucións diferenciadoras.
Namorada do sol e o aire libre, a lectura, as tardes de terraza e de ir a festivais de música co meu compañeiro de estudio.
Director e fundador de Ovo Publicidade (Pontevedra), desde Agosto de 2002. Licenciado en Publicidade e RRPP pola facultade de Ciencias Sociais do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Compaxinei os meus estudos con traballos en imprentas e axencias como Comunicación Integral (Santiago de Compostela) e Versión Quattro (Vigo) e ofrecín os meus servicios como publicista e
deseñador freelance a clientes privados. En 2002 Decidín botarlle peito convertir o meu traballo freelance nunha axencia de servicios plenos. Non foi mal, e nestes anos fixemos bastantes traballos dos
que nos sentimos orgullosos tanto para clientes públicos coma privados.
De cando en vez damos algunha charla para espallar este gusaniño do traballo ben feito no campo da comunicación. Nestes anos tamén impartín algunhas clases na Facultade de Ciencias Sociais tanto no grao de Publicidade e RRPP como no de Comunicación Audiovisual.
Hai 15 anos, cunha gran dose de inconsciencia e moi pouca experiencia, María Villa e mais eu creamos Trisquelia, unha axencia de comunicación integrada. Só pasara un ano desde que saíramos da Facultade.
15 anos despois, seguimos deseñando ideas e traballando en cada proxecto ata ser parte del coa mesma ilusión. É un pracer volver á casa para ser parte do xurado desta edición do We Are Ads Festival.